Casa de piso en Belelle

Inicio   Fene descúbrelo   Patrimonio histórico   Casa de piso en Belelle
Sillobre

Casa de piso situada no lugar de Belelle, que responde coas características clásicas deste tipo de vivenda no mundo rural. É unha construción de planta rectangular que constitúe o núcleo básico arredor do que se agrupan as dependencias adxectivas. A partir desa planta elévanse o baixo, o primeiro andar e o faiado, coa cuberta a dúas augas. Conta cun arrimo á parede traseira da casa e un alpendre separado da casa e hoxe usado como cocheira. Tamén conta cun hórreo de madeira cuxa base de pedra foi reforzada con cemento.