Casa de piso en Pedre

Inicio   Fene descúbrelo   Patrimonio histórico   Casa de piso en Pedre
Sillobre

Casa de piso deshabitada situada no lugar de Pedre. Ten dúas plantas e faiado, con cuberta a dúas augas e cubrición de tella do país. Construída en cachotería, enfuscada e caleada. O contorno das ventás no primeiro andar está feito con madeira, e no caso da porta de acceso á vivenda son de grandes pezas de granito. As ventás do baixo contan con tornachuvias e á altura da cociña sobresae da estrutura da edificación o forno semicircular.