Fene abre o prazo para inscribirse como Paxes Reais na Cabalgata das SS.MM Os Reis Magos de Oriente

Fene abre o prazo para inscribirse como Paxes Reais na Cabalgata das SS.MM Os Reis Magos de Oriente

Os/as pequenos, de entre 6 e 12 anos, que desexen participar como paxes terán que entregar debidamente cuberto o formulario de solicitude no Rexistro Xeral do Concello, en días laborables, de luns a venres de 8:30 a 14:00 h, entre o 11 e o 22 de decembro.


No caso de cubrirse as 30 prazas ofertadas, a selección farase por sorteo público que terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello o mércores, 27 de decembro, ás 11:00 h.


Os/as nenos/as seleccionados deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais; pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores.
A organización contactará cos pais e nais, con antelación suficiente, para indicarlles a carroza na que irán e os horarios.
Os/as nenos/as irán acompañados de 2 monitores/as por carroza.

Descargas