Maxia divertida 2.0 este xoves na Biblioteca Municipal de Fene para nenos e nenas

Maxia divertida 2.0 este xoves na Biblioteca Municipal de Fene para nenos e nenas

O espectáculo, a cargo do Mago Paco, comezará ás 18 h con entrada libre

A Biblioteca Pública Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” de Fene acollerá este xoves, 14 de xuño, o espectáculo “Maxia divertida 2.0”, a cargo do Mago Paco. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, dará comezo as 18 horas con entrada libre ata completar aforo.

O Mago Paco presentará ós máis pequenos da casa unha morea de contos e historias a través de xogos e de maxia, levándoos a descubrir a “maxia divertida” que esconden as narracións. Desta volta, este peculiar personaxe argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender ó seu público. Unha proposta, incluída no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, pouco convencional para traballar os contos pero, sobre todo, moi divertida.