Reserva instalacións deportivas municipais
11-07-2018
Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da Tempada para os clubs federados de Fene serán os seguintes:
Solicitudes para o Campo de Fútbol dos Pinares: Do 11 de xullo ao 24 de agosto
Solicitudes para o pavillón polideportivo da Xunqueira e o pavillón do Ramo: do 11 de xullo ao 17 de setembro.
Os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello. O prazo de solicitude será do 20 ao 27 de setembro.
As solicitudes poderán enviaranse telemáticamente ao rexistro Xeral de Entrada do Concello de Fene Entregarse en papel no Rexistro Xeral de Entrada do Concello, (Esta última forma de entrega de documentación só estará vixente ata o día 1 de outurbro de 2018).
NOTA 28/09/2018: Unha vez rematado o prazo de solicitude de horas de adestramento para os pavillóns do Ramo e da Xunqueira, a Concellería de Deportes fai público o horario resultante a data de hoxe. A partir da publicación deste horario, os clubs ou particulares interesados, tanto de Fene coma doutros concellos, poderán solicitar no pavillón da Xunqueira as horas que queden libres en calquera das dúas instalacións municipais. Máis información no teléfono 981 340 396.
Descargas
- Reserva instalacións deportivas municipais. Normativa de uso e formulario de inscrición
- Folla solicitude adestramento Pavillón O Ramo formato pdf
- Folla solicitude adestramento Pavillón A Xunqueira formato pdf
- Solicitude adestramento pavillón Xunqueira formato word
- Solicitude adestramento pavillón o Ramo formato word
- Horario Pavillóns tempada 18/19 EQUIPOS FEDERADOS. Modificado 20/09/2018
- Horario Pavillóns tempada 18/19 EQUIPOS FEDERADOS. Modificado 28/09/2018
- Horario Pavillóns tempada 18/19. Modificado 5.10.2018