XXXVI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

XXXVI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

O prazo de presentación de orixinais concluirá o 15 de setembro de 2023

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene convoca, coa colaboración do Concello de Fene, a XXXV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. O certame, que naceu para homenaxear a quen fora un dos seus máis renomeados socios, ten como obxectivo premiar un libro de autor inédito en lingua galega, promovendo así a inclusión de novas voces no sistema literario galego.

As persoas que desexen participar no certame deberán presentar, antes da medianoite do vindeiro 15 de setembro, un libro de poesía en lingua galega cunha extensión mínima recomendada de 300 versos.

Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega. É responsabilidade do xurado do premio determinar se algún dos traballos presentados posúe ou non as características para ser considerado “libro”. Porén, recoméndase unha extensión mínima de 300 versos. A escolla ortográfica de cada libro presentado non será obxecto de valoración por parte do xurado.

As bases aquí