O Concello de Fene leva o circo de rúa de Kote Malabar á Romaría do Camiñante

O Concello de Fene leva o circo de rúa de Kote Malabar á Romaría do Camiñante

A tradicional Romaría do Camiñante que organiza a Liga de Amigos de Barallobre celébrase este sábado, 1 de xullo. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura anuncia un espectáculo de circo de rúa a cargo de Kote Malabar. A función comezará ás 20 horas nos arredores do local da Liga de Amigos, con entrada libre e de balde.

Kote Malabar leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos públicos. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico de participación, nun relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

Actividade organizada polo Concello de Fene, no marco do programa Cultura no Camiño. Colabora: ACRD Liga de Amigos de Barallobre.