Novas

28-11-2023 -

Fene asina os convenios de colaboración coas entidades municipais que realizan actividades de promoción económica

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de promoción económica, María de los Ángeles Coira, participaron este luns xunto cos representantes do CRD Agarimo, Luis Ángel Fraga; a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, Jorge López; e a Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”, Ana Basoa, na sinatura dos convenios de Subvencións Nominativas do 2023 destinadas ás entidades que desenvolven actividades de promoción económica.
25-11-2023 -

25 Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Manifesto Institucional do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller” aprobado por uninimidade polo Pleno municipal do Concello de Fene o pasado día 2 de novembro de 2023. Leer aquí
 
 
24-11-2023 -

Familias sobreprotectoras, menores fráxiles

O luns 27 de novembro, ás 18.00 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá a terceira xornada adicada á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións.
24-11-2023 -

Juventino Trigo manten unha xuntanza de traballo na Coruña coa subdelegada do Goberno, María Rivas

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, mantivo no día de onte unha reunión coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para tratar diversos temas relacionados co municipio.
Na reunión conxunta abordaron o convenio de ADIF, a cesión dos terreos para ampliación do centro de saúde e a segunda fase do polígono industrial do Colo
As obras pendentes no vial na N_651, tamén foron tratadas co responsable de Demarcación de Estradas e o Xefe da Area de Conservación.
23-11-2023 -

A Deputación visita o Concello de Fene para analizar o estado de varias estradas

O alcalde, Juventino Trigo e parte do goberno municipal reuniuse onte en Fene coas deputadas de vías e obras, Mónica Rodríguez, e de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García, para analizar o estado de varias estradas.

A xuntanza serviu de punto de partida para iniciar os estudos para a posterior valoración económica e técnica de varias estradas. En concreto, trátase de tres actuacións, que xa foron anunciadas polo presidente da Deputación nunha visita anterior ao municipio.

A primeira é a ampliación da senda peonil na DP 3501 Limodre a Maniños, dende a Torre de Borrás a Barallobre. Os tramos de cada ampliación decidiranse segundo o resultado dos estudos técnicos.

A segunda, é a cesión do tramo urbano da DP 1503 de Perlío a Lavandeira de, aproximadamente, 600 m. ao concello de Fene. E, a terceira, a ampliación da senda peonil na DP 3503 DE Maniños á estrada AC-121 en sillobre por San Marcos, dende o instituto de educación secundaria ata o cemiterio.

Na xuntanza acordouse comenzar os estudos para a valoración económica e técnica de varias estradas.
22-11-2023 -

As mulleres de Fene toman a palabra polo 25N

A Concellaría de Igualdade do Concello de Fene organizou no salón de plenos un encontro no que participou unha representación de mulleres das sociedades e entidades locais arredor da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Durante a xuntanza, mulleres da Sociedade Agarimo de Sillobre, CPS San Valentín, O Pote de Maniños, AETNA de Maniños, CMI Fene, AVV Fene, Liga de Amigos de Barallobre, AVV de Sillobre, AVV Santa Eulalia de Limodre, AVV San Xurxo de Magalofes e CCRD de Perlío compartiron impresións sobre a campaña que está a desenvolver o Concello de Fene polo 25N, ao tempo que participaron na gravación dun vídeo que sairá á luz o propio sábado 25 de novembro.
21-11-2023 -

XXXVII edición do Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría

O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Narón, Neda e Fene, organiza a XXXVII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. 
A saída e a chegada terán  lugar na Estrada de Castela, nas inmediacións da praza de España de Ferrol.
21-11-2023 -

Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola pechan este venres o Novembro, mes do humor

Coincidindo practicamente co seu aniversario, o Museo do Humor Xaquín Marín anuncia para este venres o derradeiro espectáculo do “Novembro, mes do humor”, ciclo de monólogos polo que pasaron ao longo das últimas semanas tres dos mellores humoristas galegos do momento: David Perdomo, Oswaldo Digón e Isi. Para esta última sesión, o escenario da Casa da Cultura de Fene está reservado para as actrices e cómicas Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola co seu espectáculo “Restricións”. A función comezará o venres 24 de novembro ás 20.00 horas e a entrada será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa) na conserxería da Casa da Cultura de Fene, o mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado. O ciclo está organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural).
20-11-2023 -

Fene adquire unha parcela para mellorar a situación do Cádavo e reducir o risco de inundacións

O Concello de Fene vén de adquirir por 20.943,30 € unha parcela en Perlío en situación de abandono, e sobre a cal existían varios requirimentos de limpeza por parte dos servizos municipais que nunca foron atendidos. Esta parcela considérase un punto negro no transcorrer do río Cádavo, e coa súa adquisición o Concello pode non só acceder á mesma, senón tamén proceder ás labores de limpeza, que comezaron esta mesma semana, contribuíndo a reducir en parte os episodios de asolagamento como os producidos o pasado luns.
17-11-2023 -

Comunicaste en positivo? Pásate ao bo trato!

O 20 de novembro, ás 18.00 h, a Casa da Cultura de Fene acollerá a segunda xornada adicadas á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións.

Un taller para o que o Concello de Fene pon a disposición das familias que o precisen un servizo de coincilización para as crianzas, que require solicitude previa.