Novas

12-09-2017 -

O pintor Antonio Quintía doa un cadro ao Concello de Fene

Trátase dun dos óleos que formou parte da exposición “La vida en imágenes” que o pintor ferrolán amosou na Casa da Cultura de Fene ao longo do mes de agosto.
08-09-2017 -

Horario inverno Casa da Cultura de Fene

A partir vindeiro luns, 11 de setembro, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene.  
07-09-2017 -

34 establecementos participan este sábado na VIII Merca in Fene

O evento multisectorial e de oportunidades introduce este ano varias novidades, como a celebración en sábado e a utilización de pequenas haimas distribuídas polas principais rúas
06-09-2017 -

O pleno de Fene votará a concesión de subvencións nominativas para as entidades do territorio

O pleno de Fene votará mañá xoves 7 de setembro a concesión de máis de 51.000 euros en subvencións nominativas para as entidades do territorio
06-09-2017 -

7 persoas acceden a un contrato temporal no Concello de Fene dentro do programa provincial de integración laboral

O Alcalde Juventino Trigo e a Concelleira de persoal Sandra Permuy deron a benvida ás sete persoas (1 oficial albanel e 6 peóns) que logo do correspondente proceso selectivo foron contratadas polo Concello de Fene.
 
05-09-2017 -

Ana María Agulló expón na Casa da Cutura de Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle unha exposición de Pintura de Ana María Agulló.
04-09-2017 -

O mércores 13 de setembro abre o prazo de inscrición nas escolas da Piscina municipal de Centieiras

A matrícula nas escolas da piscina de Centieiras realizarase os días 13 e 14 de setembro (só residentes en Fene) e o 15 de setembro (poboación en xeral). Para a totalidade das demais escolas deportivas municipais, as datas establecidas serán o 18 e 19 (só residentes en Fene) e os días 20, 21 e 22 de setembro para a poboación en xeral.
04-09-2017 -

O mércores 13 de setembro abre o prazo de inscrición nas escolas da Piscina municipal de Centieiras

O mércores 13 de setembro abre o prazo de inscrición nas escolas da Piscina municipal de Centieiras.
04-09-2017 -

Fene retoma en setembro as "Tardes Activas"

"Tardes Activas" é un programa municipal impulsado pola concellaría de Benestar Social de Fene co que se pretende ofrecerlles ás persoas de máis idade unha opción de lecer que, ademais, lles axude a exercitar a mente
01-09-2017 -

O Concello de Fene implica outras oito institucións no simulacro de salvamento marítimo deste sábado en Barallobre

O exercicio desenvolverase desde as 12.30 até as 13.30h coincidindo coa IV Festa Mariñeira de Barallobre.