O alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene amosa o seu talento creativo na mostra “Pequenas crianzas coa arte”
Museo do Humor DixomedíxomesPoderá visitarse na Casa da Cultura dende mañá martes e ata o 29 de xuño, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 20 h e os sábados de 10 a 13 h
18-06-2018
Alí, e ata o 29 de xuño, poderá visitarse a mostra “Pequenas Crianzas coa Arte”. Unha recopilación de cadros, esculturas e siluetas de tamaño real dos propios nenos e nenas. O horario de apertura da sala de exposicións será de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas de luns a venres e, os sábados, de 10 a 13 horas.
Dende o propio centro sinálase que dende o mes de maio iniciouse nas instalacións a programación “O Tempo das Artes”, onde a música, a pintura, o teatro, a danza e a poesía teñen un pouco máis de relevo que de costume. As crianzas son grandes artistas que gozan mergullándose en cores, formas, texturas e sons que aloumiñan os seus sentidos. Así, sucedéronse as actuacións musicais, contacontos, dramatizacións e obradoiros coas familias, paso previo á mostra que agora se poderá visitar na Casa da Cultura fenesa.
Ademais, o xoves, 21 de xuño, haberá unha visita do alumnado e profesorado do centro á súa exposición e, tamén, á biblioteca municipal, en horario estimado de 10 a 12 horas.