16-10-2025

Contando Ciencia

Na Casa da Cultura, un xoves ao mes e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta. Ciclo organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Coordina a mestra Violeta Miraz Seco.

16-12-2025

Exposición Historias de Icía e avoa, de Sabela Arias

Até o 7 de xaneiro de 2026 no Museo do Humor Xaquín Marín. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Por mor do cambio de horario da Casa da Cultura durante o Nadal, do 20 de decembro ao 7 de xaneiro (inclusives), o horario será: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas (sábados, domingos e festivos, pechado).

05-12-2025

Contos, teatro, música e danza no Nadal de Fene

Programación cultural Nadal de Fene, aquí

01-01-2026

Festa de Ano Novo

A celebración dará comezo ás 01.00 h, cun gran concerto da Orquestra Origen, que ofrecerá un espectáculo pensado para todos os públicos. A continuación, será a quenda dun DJ, que animará a pista ata as 06.00 h.