Data de inicio: 02-01-2019 . Data de fin: 10-01-2019
As viaxes á neve desenvolveranse entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 15 ó 18 de febreiro
Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición antes do 10 de xaneiro. Será preciso achegar un volante de empadronamento no Concello.