15-02-2022

Presentación de debuxos para o XXVI Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán enviar os seus debuxos até as 23.59 h. do vindeiro 31 de maio de 2022 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas: humor gráfico nas súas modalidades de texto ilustrado, viñeta, cómic (máximo 1 páxina) e/ou caricatura. Bases publicadas na web do Museo do Humor de Fene

25-05-2022

Coidados porta a porta

Os días 25, 26, 27 e 30 de maio atenderán totalmente de balde entre as 9:00h e as 20:00h fronte ao Pavillón Municipal de San Valentín.

27-05-2022

Doa sangue

O 27 e 28 maio a Unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará diante do centro de Saúde. 

28-05-2022

Visita guiada á exposición Volta á orixe, de Xaquín Marín

O Museo do Humor de Fene convida á veciñanza a participar na segunda visita guiada á exposición "Volta á orixe", de Xaquín Marín. A actividade terá lugar este sábado, 28 de maio, ás 12.00 horas. Para asistir, únicamente haberá que presentarse na entrada do Museo do Humor con quince minutos de antelación ao comezo da mesma (11.45 horas). Durante a visita será o comisario da mostra e fillo do artista, Alexandre Marín Oliva, quen acompañe aos/ás participantes e fale das obras que se amosan até o vindeiro 27 de xuño nesta instalación.