Data de inicio: 20-04-2022 . Data de fin: 20-05-2022
O Concello de Fene conta con 6 prazas na 1ª quenda dos campamentos de verán 2022 da Deputación da Coruña. Esta quenda transcorre dende os días 26 de xuño ao 1 de xullo.
Poderán participar neste campamento os nenos/as nados/as entre o día 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2013, que aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación unha vez confirmada a praza.