Aberto o prazo dos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña

Aberto o prazo dos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña

Concello de Fene conta con 6 prazas na 1ª quenda dos campamentos de verán 2022 da Deputación da Coruña. Esta quenda transcorre dende os días 26 de xuño ao 1 de xullo.

Poderán participar neste campamento os nenos/as nados/as entre o día 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2013, que aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación unha vez confirmada a praza.

A estancia e manutención será no I.E.S. Rosalía Mera, onde os nenos/as desfrutarán dunha ampla variedade de actividades.

Prazos de inscrición:


Entre os días 21 de Abril e o 20 de Maio será o prazo para facer as preinscricións dos nenos/as no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene.

Dende o día 23 de Maio ata o día 26 de Maio farase o sorteo das prazas, Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán. É imprescindible, no suposto de ter máis solicitudes que números de prazas concedidas pola Deputación, realizar un sorteo público diante da secretaria do concello para adxudicar estas.

Unha vez realizado o sorteo , despois do 26 de maio, realizarase a inscrición definitiva dos/as participantes 

Descargas