03-06-2025

Reserva de prazas para as escolas culturais e deportivas municipais do Concello de Fene 2025-26

As solicitudes tramitaranse presencialmente no Pavillón da Xunqueira. Información aquí

18-06-2025

Inscricións no Campamento Lúdico-Deportivo do Concello de Fene

Do 20 ao 24 de xuño poderán solicitar cita previa por teléfono (981 340 366) ou nas oficinas do Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán) as persoas empadroadas ou escolarizadas en Fene no curso 2024-25. E do 25 ao 27 de xuño, a poboación en xeral. Námbolos dous casos, o horario de atención para a solicitude de citas será de 9.00 a 14.00 horas. E a matriculación realizarase a partir do 1 de xullo. Máis info aquí