Programas

Verán Máis Alá!

O Verán Máis Alá! ten os seus propios valores engadidos que transmite desde o seu nacemento, no conxunto destes valores atópanse a igualdade, a participación, o traballo en grupo, a integración e a diversidade. O obxectivo principal é sempre o de aprender dun xeito divertido e diferente no tempo de lecer.

Programa de deportes escolar

Dirixido a todo o alumnado de Fene, realízase en colaboración cos centros de ensino. Estrutúrase en xornadas dedicadas ao campo a través, atletismo divertido, xogos tradicionais e milla escolar xunto cun programa ao longo da maior parte do curso dedicado á natación escolar.

Programas e actividades deportivas

Programación estábel por ciclos estacionais promovida directamente polo Departamento de Deportes ou en colaboración co asociacionismo deportivo ou con outras administración.

Programa de natación escolar

O programa de natación escolar intenta garantir o achegamento e coñecemento de todos os nenos e nenas a esta actividade e ao medio acuático, un achegamento que, no caso de querer continuar, poderán facelo nas escolas municipais de natación ofertadas de luns a venres en horario de tarde.

Progama deportivo Nadal

Oferta lúdica e deportiva que os veciños e veciñas teñen á súa disposición durante o mes de decembro.

Ximnasia de verán

Escola de actividade física e mantemento xeral para gozar do deporte ao aire libre.

Exercicio Físico e Saúde, intervención contra a fatiga oncolóxica

Programa dirixido a persoas enfermas de cancro e destinado a diminuír a fatiga producida por esta enfermidade e o seu tratamento.