15-02-2022

Presentación de debuxos para o XXVI Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán enviar os seus debuxos até as 23.59 h. do vindeiro 31 de maio de 2022 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas: humor gráfico nas súas modalidades de texto ilustrado, viñeta, cómic (máximo 1 páxina) e/ou caricatura. Bases publicadas na web do Museo do Humor de Fene

01-04-2022

O Universo Feminino

A Casa da Cultura de Fene acolle a mostra de Carmen Prado nos horarios aquí indicados

02-04-2022

Exposición de Carmen Prado na Casa da Cultura de Fene

"Universo feminino", de Carmen Prado, é a exposición que acolle a Casa da Cultura de Fene no mes de abril. Pode visitarse dende o sábado 2 ao venres 29 de abril, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Durante a Semana Santa o horario será: o luns 11, o martes 12, o mércores 13 e o luns 18 de abril, de 10.00 a 14.15 horas. De Xoves Santo a Domingo de Pascua, a instalación permanecerá pechada.

20-04-2022

Campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña

Preinscricións dos nenos/as no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene até o 20 de maio.