Os nenos/as (entre 6 e 12 anos cumpridos) que queiran participar como paxes reais na Cabalgata, poderán apuntarse dende hoxe luns día 18 ao 29 de decembro no Rexistro Xeral do Concello. O aforo é moi limitado e a inscrición realizarase por orde de solicitude.
As persoas que desexen anotarse poden facelo até o 24 de decembro ás 23.59 horas a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com)
No salón de actos da Casa da Cultura, ás 12.00 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Sesión dirixida ao público familiar (recomendada para maiores de 5 anos).