Curso de defensa persoal para mulleres e nenas adolescentes
04-09-2023
A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha de novo DOUS CURSOS DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES, un dirixido a maiores de idade e outro para nenas e adolescentes a partir de 12 anos. Ambos terán unha duración de outubro 2023 a xuño de 2024, en sesións de hora e media, dous días á semana.
Traballarase con prácticas e adestramento en autodefensa a través do KICKBOXING e TAEKWONDO cun monitor especializado en artes marciais.
1. EDICIÓN ADULTAS – A PARTIR DE 18 ANOS
DEFENSA PERSOAL - AUTOCONFIANZA E EMPODERAMENTO
CALENDARIO/HORARIO: Martes e Xoves de 9:30 h a 11:00 h.
Comezo o 3 de outubro de 2023 ata xuño de 2024
LUGAR: Ximnasio da Casa da Cultura do Concello de Fene.
INSCRICIÓNS: Inscricións antes do 24.09.23. É preciso cubrir a folla de inscrición e presentala no Centro Municipal de Servizos Sociais – Av. Do Mar, Bloque 1 - Baixo de San Valentín, ben persoalmente ou a través do correo electrónico: smam@fene.gal
A selección das participantes realizarase segundo rigorosa orde de inscrición até completar un grupo de 15 mulleres, tendo prioridade as residentes no Concello de Fene.
2. EDICIÓN NENAS E ADOLESCENTES – A PARTIR DE 12 ANOS
DEFENSA PERSOAL - AUTOCONFIANZA E EMPODERAMENTO
CALENDARIO/HORARIO: Martes e Xoves de 19:00 h. a 20:30 h
Comezo o 3 de outubro de 2023 ata xuño de 2024
LUGAR: CEIP A XUNQUEIRA – SAN VALENTÍN
INSCRICIÓNS: Inscricións antes do 24.09.23. É preciso cubrir a folla de inscrición e presentala no Centro Municipal de Servizos Sociais – Av. Do Mar, Bloque 1- Baixo de San Valentín, ben persoalmente ou a través do correo electrónico: smam@fene.gal
A selección das participantes realizarase segundo rigorosa orde de inscrición até completar un grupo de 15 rapazas, tendo prioridade as residentes no Concello de Fene.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981 342607 – 981 492706
Caixa electrónica: smam@fene.gal
Actividades cofinanciadas pola Concellería de Igualdade de Fene e o Pacto de Estado para a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, sen custe para as participantes