24-09-2020

A Concellaría de Benestar e Igualdade retoma os obradoiros presenciais de "Tardes activas"

A declaración do Estado de Alarma a mediados de marzo interrompeu o desenvolvemento do programa anual de envellecemento activo, que se reinventou nun formato en liña e a través de Radio Fene para poder seguir coas actividades. Pasado o verán, e tendo ben claras as medidas preventivas que se deben adoptar, a área de Igualdade e Benestar volve poñer en marcha as "Tardes activas" dirixidas a maiores de 55 anos, nas que se combinan o lecer e o exercicio cognitivo para manter a mente en forma. As sesións, que terán lugar en locais de distintas entidades do concello, botarán a andar na semana do 1 de outubro. As inscricións poden facerse chamando ao Centro Municipal de Servizos Sociais -981 342 607 e 981 492 706- ou no correo servizos.sociais@fene.gal.
23-09-2020

Clausura do grupo de apoio emocional para mulleres

O Proxecto INDIRA-IV, desenvolvido pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, clausurouse na xornada de onte. Un espazo para mulleres, onde experimentaron, coñecéronse, creceron acompañadas, relaxáronse e gozaron ao longo dos meses de agosto e setembro nun  total de 16 sesións.
18-09-2020

O Concello de Fene alíase co comercio local para fomentar a igualdade e a prevención da violencia machista

A Concellaría de Benestar e Igualdade de Fene acaba de poñer en marcha a campaña "Distintivo violeta. Fene tece igualdade" no que se quere implicar a todos os negocios do municipio e, por extensión, tamén a outros axentes sociais e ao resto da veciñanza. A iniciativa pretende unir forzas na defensa da igualdade de xénero e, ao mesmo tempo, promocionar aqueles establecementos que se sumen a ela. O Concello proporcionaralles material de difusión e, ademais, pídelles que apliquen no seu día a día o decálogo da campaña. Para iso só terán que contactar coa asociación comercial e hostaleira O Cruceiro ou ben co departamento de Servizos Sociais no teléfono 696 892 879 ou no correo fenevioleta@gmail.com.
18-08-2020

Clausura mocidade activa

O pasado venres clausurouse o programa de Mocidade Activa, subvencionado pola Consellería de Sanidade e enmarcado no proxecto de prevención de condutas aditivas desenvolto polo Concello de Fene a agrupación de concellos de Mugardos e Neda.
 
O programa realizouse dende día 15 de xullo ata o 14 de agosto entre ás 11.00 ás 13.30h. Participaron 22 rapaces/as con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos.

Mocidade Activa tivo como finalidade fomentar o uso saudable do tempo de lecer a través das actividades lúdico educativas que se indican. Aumentar as habilidades básicas e de resistencia para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso ou abuso das adicións.
17-07-2020

Abre o prazo para participar no grupo de apoio emocional para mulleres do Proxecto Indira IV

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo espazo para mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, xa desenvolvido nos anos 2018 , 2019 e 2020. Baixo o lema “Os labirintos da vida cotiá”, a actividade levarase a cabo dende o 4 de agosto ao 17 de setembro, con sesións os martes e xoves de 10:00 h a 12:00 h (podería modificarse segundo preferencia e dispoñibilidade do grupo que se forme) no Centro Municipal de Servizos Sociais sito na Av. Da Cooperación, Bloque 1 – Baixo de San Valentín.
16-07-2020

A Mocidade Activa de Fene, Mugardos e Neda ponse en marcha

Até o vindeiro 15 de agosto, vinte e dous mozos e mozas da bisbarra con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos participan no programa Mocidade Activa, promovido polo Concello de Fene e pola agrupación de Concellos de Mugardos e Neda. A iniciativa encádrase nun proxecto  de prevención de condutas aditivas subvencionado pola Consellería  de Sanidade e inclúe actividades como  fútbol burbulla, combate láser, obradoiros de impresión 3D, talleres de drons, de como ser Youtuber, de habilidades Maker, de habilidades persoais ou radio.
13-07-2020

Último día para inscribirse no programa “Mocidade activa”

Pilotaxe de drons, fútbol burbulla, fabricación dixital 3D, artesanía electrónica, habilidade maker, como ser Youtuber, radio, habilidades persoais e combate láser. Son as actividades que este ano ofertan os Concellos de Fene, Mugardos e Neda no marco do programa Mocidade Activa, dirixido a rapaces/zas de 11 a 16 anos. Os/as interesados/as en participar deben enviar a súa solicitude, hoxe como último día, ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene por correo electrónico servizos.sociais@fene.gal ou, excepcionalmente, entregala de forma presencial, previa cita nos teléfonos 981342607 / 981492706 (de luns a venres, de 10.00h a 14.00h). 
03-07-2020

A Concellería de Servizos Sociais abre o prazo para participar no programa "Mocidade activa"

Favorecer a cohesión social e sensibilizar sobre as adicións con sustancias ou comportamentais, son os principiáis obxectivos do programa Mocidade Activa que poñen en marcha neste mes de xullo o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda. A iniciativa vai dirixida á mocidade de 11 a 16 anos e contempla actividades como pilotaxe de drons, fútbol burbulla, fabricación dixital 3D, artesanía electrónica, habilidade maker, como ser Youtuber, radio, habilidades persoais e combate láser. O programa desenvolverase do 15 de xullo ao 15 de agosto, con sesión de dúas horas e media, entre as 11.00 e as 13.30 horas.
01-07-2020

Programa completo de "Tardes activas dende a casa"

O estado de alarma declarado para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID 19 obrigou a suspender os programas de Servizos Sociais que se viñan desenvolvendo, entre os que se atopa o de Envellecemento activo. Como medida alternativa a este espazo, o departamento organizou durante os meses de abril, maio e xuño de 2020 o programa en liña “Tardes activas dende a casa”.
26-06-2020

28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

O espazo web,  Liberdade de Ser e Sentir, pubica novos contidos no que é a recta final da campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, a cal adheriuse o Concello de Fene.