21-05-2020

Servizos Sociais facilítalle a conexión a internet a 12 alumnos de Educación Primaria

O Concello de Fene vén colaborando cos centros de ensino do municipio desde o inicio da crise sanitaria, que supuxo a suspensión das clases presenciais e a impartición das materias a distancia. Neste sentido, desde a área de Servizos Sociais púxose en marcha un programa de impresión e reparto domiciliario de tarefas e, ademais, tamén se lle achegou equipamento para a conexión a internet a  8 familias en situación de vulnerabilidade. Trátase de encamiñadores 4G cun tráfico mensual de 50 GB cedidos ás familias por un período de dous meses que xa están sendo utilizados por 12 nenas e nenos de Educación Primaria.

 A Educación Infantil e Primaria quedou fóra das axudas para conectividade e dispositivos da Consellaría de Educación, ás que só puido acollerse o alumnado de secundaria, bacharelato e Formación Profesional. Por este motivo, e en colaboración cos centros de educativos, o departamento de Servizos Sociais identificou o caso de alomenos oito familias con dificultade para que os seus pequenos puidesen seguir as clases virtuais, ben por carecer de conexión á internet ou por non dispoñer dunha capacidade de datos suficiente. 

A solución adoptada foi a de contratar con Vodafone encamiñadores 4G de alta velocidade e un tráfico mensual de 50 GB, máis que suficiente para as necesidades de formación a distancia e as consultas que a rapazada deba facer para estudar ou completar traballos.  

Os dispositivos están cedidos ás familias de forma gratuíta durante un período de dous meses, en previsión de que a actividade lectiva nas aulas dos ciclos inferiores xa non se vaia retomar alomenos até setembro. Os centros de ensino, pola súa banda, proporcionaron os ordenadores naqueles casos en que tamén faltase ese equipamento. 
O Concello de Fene axuda desta maneira a reducir a denominada "fenda dixital", aínda máis acusada por mor da pandemia no caso de familias en situación de vulnerabilidade con rapazada en idade escolar. Desde os primeiros días trala declaración do Estado de Alarma o consistorio tamén coordinou co profesorado dos colexios a impresión, clasificación e distribución de apuntamentos e follas de exercicios para o alumnado con menos recursos. 
20-05-2020

Sétima entrega de tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .

Nesta sétima entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa.

Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!

As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.
 
12-05-2020

Sexta entrega de tardes activas na casa

Como vimos informando, o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinamizar toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.

Nesta quinta entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse no que queda de corentena. Participa!

06-05-2020

Quinta entrega de tardes activas na casa

Como vimos informando, o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinamizar toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.

Nesta quinta entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse no que queda de corentena. Participa!
30-04-2020

Teléfonos móbiles para persoas sen recursos

A empresa de comunicacións Wololot SL cedeulle aos Servizos Sociais de Fene un pequeno lote de teléfonos precargados con chamadas ilimitadas, co obxectivo de poñelos a disposición de aquelas persoas que vivan soas ou familias sen recursos que non teñan ningún outro medio para contactar con familiares ou con calquera servizo asistencial que precisen.
O Concello xa entregou algúns destes terminais a persoas en situación de vulnerabilidade que estaban en seguimento por parte de Servizos Sociais. Porén, calquera persoa que o necesite ou teña coñecemento de algún outro caso, pode contactar co departamento no 981 492 706 ou co 607 600 265 para que o persoal municipal lle faga chegar un destes teléfonos móbiles.
Son modelos Nokia só para voz e levan tarxeta con saldo durante tres meses.
28-04-2020

Cuarta entrega de Tardes activas na casa

Como vimos informando, o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinamizar toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.

Nesta cuarta entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse no que queda de corentena. Participa!

Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
22-04-2020

Terceira entrega de Tardes activas na casa

Como vimos informando, o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinamizar toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.
Nesta terceira entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse no que queda de corentena. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.
21-04-2020

Fene dá de alta 1.327 horas do Servizo de Axuda no Fogar para atender casos urxentes

O departamento municipal de Servizos Sociais ten abertas dúas liñas de traballo en canto á atención domiciliaria básica e de dependencia. Por unha banda, o Servizo de Axuda no Fogar funciona con total normalidade prestándolle asistencia ás persoas que xa viñan gozando do servizo -agás aquelas que solicitaron a baixa temporal- e, ademais, ofrece a posibilidade de incrementar de maneira provisional o alcance do apoio, previa valoración técnica. Por outra banda, as técnicas do servizo tamén deron de alta novos casos de atención urxente a raíz da crise sanitaria, para o que a Xunta de Galicia incrementou o financiamento en 3.226 horas mensuais. Desa bolsa de horas excepcionais e libres de copagamento, o Concello está cubrindo o total das peticións, que ascenden a 1.327 horas. A cifra actual de horas prestadas polo SAF fenés no territorio ascende a 5.377,80. Calquera familia ou persoa do municipio que precise calquera actuación relacionada coa atención de carácter asistencial e doméstico poden contactar cos Servizos Sociais municipais para solicitala. Unha posibilidade que atende tanto á ampliación ou modificación do servizo que xa se viñese tendo como ás altas con carácter temporal de novos casos motivados pola actual situación.  É o caso, por exemplo, de persoas que vivan soas e que teñan dificultade para valerse, aquelas que acudían a un centro de día e que agora deben permanecer na casa sen dispor, por distintas razóns, de familiares que poidan prestarlles apoio, ou incluso persoas con solicitude de dependencia rexistrada que aínda non foran valoradas. 
15-04-2020

O Concello de Fene impulsa obradoiros para persoas maiores a través da web e a radio municipal

A pesar de que a situación de alarma obrigou a suspender a programación presencial de todas as actividades socioculturais, o Concello de Fene mantén unha intensa actividade a través da web e das redes sociais, co obxectivo de manter no posible as rutinas que había antes da crise e, de paso, alixeirar a levanza do confinamento. Un exemplo é a páxina en facebook Fenequedanacasa, que vai camiño das 700 persoas seguidoras e onde se poden atopar propostas participativas de todo tipo entre fotos, literatura, música, exercicio físico, etc. Ademais, a área de Servizos Sociais tamén se adaptou ás circunstancias ofrecendo a través de Fene.gal e de Radio Fene os programas "Tardes Activas desde a casa", "+Memoria" e "Recordando o noso", dirixidos especificamente á poboación de maior idade.

"Tardes activas dende a casa" é un paquete de exercicios cognitivos ao que se pode acceder desde a web municipal estruturado nun reto á memoria para recordar lugares do territorio por medio de fotografías, un conxunto de adiviñas e, como remate, varios pasatempos imprimibles que teñen por finalidade manter o cerebro en forma.
Trátase dunha iniciativa de dinamización pensada para todas as persoas maiores de 55 anos e non só para quen xa estivese participando nalgunha actividade do programa municipal de envellecemento activo. As solucións aos retos propostos poden enviarse ao correo servizos.sociais@fene.gal.
 
14-04-2020

Nova entrega de Tardes activas dende a casa

Como vimos informando, o departamento de servizos sociais quere facervos partícipes de “Tardes activas dende a casa”. Unha proposta para dinamizar toda a poboación maior de 55 anos que queira aproveitar este confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.

Nesta nova entrega  propoñemos actividades de memoria verbal, visual, evocativa... unha chea de actividades para entreterse no que queda de corentena. Participa!