Baixo o título “Contrastes”, os artistas Manuel Barro e Rafael Nadales traen a Fene algunhas das súas mellores obras pictóricas e escultóricas. Unha mostra imprescindible que o público pode apreciar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor do municipio.