Data de inicio: 14-08-2018 . Data de fin: 16-09-2018
Aberto o prazo para participar na 6º edición da Carreira Solidaria da Muller na Coruña (16 setembro)
Imaxe participantes 2015
A Concellería de Benestar Social e Igualdade pon 2 autocares para o traslado das mulleres participantes.
Os buses serán gratuítos para as participantes, até completar prazas, segundo rigoroso orde de inscrición.
• O prazo para anotarse remata o 1 de setembro de 2018.
• Prezo inscripción (para material da carreira: camiseta, dorsal,...): 14,00 €. (Aboaráse á Asociación Por+Vida).
• Para máis información: pormaisvida2011@gmail.com ou no teléfono 650 812 030
• Pódese entregar tamén a ficha de inscrición cuberta no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene, en San Valentín.
• A entrega da equipación para a carreira será o sábado 15 de setembro de 11:00h a 13:00h no Salón de Plenos do Concello.
• A saída dos autocares será o domingo 16 ás 8.30 h dende a praza do Concello e a volta da Coruña: ás 14.00 horas.
• Máis información sobre a Carreira da Muller na súa páxina web: http://www.carreradelamujer.com/