Proxecto incluído no programa de Envellecemento activo que vén desenvolvendo a Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene, co obxectivo de que as persoas que xa están na madureza poidan encher parte do seu tempo libre con actividades encamiñadas a manter esperta a cabeza.

As Tardes Activas están estruturadas en catro obradoiros distintos pero moi relacionados entre si aos que as persoas interesadas poderán acudir indistintamente, incluso aínda que non pertenzan á parroquia onde se impartan.

Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais en San Valentín -Avda. do Mar B1, baixo- teléfonos 981 492 706 e 981 342 607, ou ben no correo servizos.sociais@fene.gal.

Ligazóns