Novas

03-07-2018 -

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas

O Concello de Fene abriu esta mañá as portas da Oficina Municipal de Turismo. O horario previsto é de mañá (entre as 10 e as 13 horas) e tarde (entre as 17 e as 20 horas), de martes a sábado. A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e  tamén a programación cultural e deportiva.
02-07-2018 -

A pintora Flor Taracido trae á Casa da Cultura de Fene “Cores. O reflexo da alegría de vivir”

“Cores. O reflexo da alegría de vivir” é o título da nova exposición que albergará a Casa da Cultura-Museo do Humor durante todo o mes de xullo. Unha mostra coas creacións da pintora ferrolá Flor Taracido que este martes, 3 de xullo, abre as súas portas en Fene. Será nun acto de inauguración presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, que arrancará ás 20 horas con entrada libre.
02-07-2018 -

Arranca en Fene o programa de conciliación da vida laboral e familiar “Verán máis alá!”

O programa de conciliación da vida laboral e familiar “Verán máis alá!” 2018 que promove a Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa arrancou esta mañá no CEIP Pluriligüe Centieiras de Fene. Durante o mes de xullo un total de 132 nenas e nenos acudirán ó programa en quendas quincenais de 120 participantes.
29-06-2018 -

Fene celebra domingo o Día do Deporte na Rúa

Zumba, karts a pedal, esgrima de foam, un voleibol xigante ou un futbolín humano son algunhas das variadas actividades que este ano a Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida propón no marco do Día do Deporte na Rúa. Celebrarase este domingo, abrindo o calendario de xullo, e a participación é libre e gratuíta en todas elas. 
29-06-2018 -

Fernando Iglesias Mouta e Ana Martínez Fernández, gañadores do XXII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

Tras unhas deliberacións ben reñidas pola extraordinaria calidade dos traballos presentados, o xurado do XXII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor emitía este mediodía o seu fallo: Fernando Iglesias Mouta resultaba gañador do primeiro premio da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) e Ana Martínez Fernández era galardoada co primeiro premio da Curuxa Nova (menores de 25). Así mesmo, Manuel Arriaga de León e Cristián Fojón Caruncho alzábanse co segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente.
27-06-2018 -

O Concello propón un sinfín de actividades para disfrutar do Día do Deporte na Rúa

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida, organiza este domingo, 1 de xullo, o Día do Deporte na Rúa. E farao cunha morea de propostas como slakline, fútbol, inchables, circuito de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, “decora a túa camiseta”, atletismo divertido ou tiro con arco, entre outras actividades.
26-06-2018 -

Fene e Cabanas mellorarán o firme e a sinalización da rede viaria do polígono de Vilar do Colo cunha axuda da Xunta

Os Concellos de Cabanas e Fene realizarán conxuntamente unha actuación de mellora da rede viaria no polígono industrial de Vilar do Colo. Para iso, contarán cunha achega de 112.815,31 euros procedentes da Consellería de Economía.
26-06-2018 -

Xuntanza coas familias do programa Verán máis alá! este mércores na casa consistorial de Fene

A Concellería de Cultura informou esta mañá de que o salón de plenos da casa consistorial acollerá mañá mércores, 27 de xuño, ás 20 horas unha xuntanza de presentación do programa de conciliación municipal “Verán máis alá!” á que están convocadas todas as familias participantes.
25-06-2018 -

A bandeira arco da vella ondea dende esta mañá na fachada da consistorial de Fene

Colocouse no transcurso dun acto simbólico co que se quixo sensibilizar á poboación cara a tolerancia e o respecto polas Diversidades Sexuais.
25-06-2018 -

A Unidade Móbil de Doazón de Sangue desprázase esta semana a Fene e San Valentín

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Fene por partida dobre esta semana. En concreto, permanecerá diante do centro de saúde de Fene mañá martes, 26 de xuño, e o mércores 27 en horario de 9,30 a 14,30 e de 15,30 a 21 horas. Así mesmo, o venres 29 de xuño permanecerá diante da Farmacia de San Valentín de 15,30 a 21 horas.