03-02-2022
03-02-2022
Este venres, 4 de febreiro, inaugúrase na Casa da Cultura unha exposición de acuarelas de Antonio Rivas Pol. O acto, previsto para as 19.30 horas contará coa presenza, amais do artista, do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Ardá. Tamén intervirá, en calidade de presentador do evento, o licenciado en Historia da Arte e autor dos libros A paisaxe da nación e Castelao. Plástica e pensamento.1903-1916, Suso Piñeiro. A mostra de Antonio Rivas Pol poderá visitarse en Fene até o vindeiro 28 de febreiro, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Os domingos e festivos a sala de exposicións permanecerá pechada.
01-02-2022
01-02-2022
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o escultor Xosé Manuel Rodríguez “Moxom” asinaron este luns o convenio de doazón polo que o artista ourensán doa ao Museo do Humor de Fene unha das pezas que formaron parte da exposición “De boas madeiras”, que se puido ver na Casa da Cultura ao longo do mes de xaneiro. Trátase da peza titulada “Fifi”, realizada en madeira de piñeiro e pintada con pinturas plásticas e acrílicas. As suas medidas son: 73 x 53 x 193 cm. Segundo se recolle no documento asinado por ámbalas dúas partes, a obra “pasará a formar parte dos fondos do Museo do Humor, podendo exhibirse nas súas dependencias, en mostras itinerantes ou publicacións propias”. Na sinatura do convenio de doazón, amais do alcalde e do artista, estivo tamén presente o concelleiro de Cultura de Fene, Justo Ardá.
27-12-2021
27-12-2021
A mostra recolle vinte e catro ilustracións, realizadas polos doce artistas que participaron na “Andaina debuxada” do pasado mes de xuño e que se expuxeron ao longo dos últimos meses en distintos puntos do Camiño Inglés ao seu paso pola comarca de Ferrolterra. Unha vez finalizada a mostra orixinal, o Concello de Fene acordou reunir os cubos nos que se amosan os debuxos nun espazo céntrico para que a veciñanza poida gozar das creacións de artistas da talla de Xaquín Marín, Beatriz Seijo, Hugo Feal, Laura Bouza, Elga Fernández Lamas, Blanca Escrigas, Carme Martín, Leandro Lamas, Calros Silvar, Cristian F. Caruncho, Dulce Anca e Juanma Rubio Lozano. A exposición manterase nesta nova localización, a carón da pista polideportiva do CCRD de Perlío, até finais do mes de marzo.
29-11-2021
29-11-2021
A Casa da Cultura de Fene acolle este venres, 3 de decembro, ás 19 horas, a inauguración da mostra de pintura “Catro médicos por Fene”, cunha selección de obras de Pablo Galego, Xesús Vázquez, Tino Cuesta e Leopoldo García. A exposición poderá visitarse nesta instalación municipal até o 30 de decembro en horario: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. A partir do 23 de decembro (inclusive) o horario será: de luns a venres, de 10 a 14.15 horas.
15-11-2021
15-11-2021
Xa esta aberto o prazo de reserva de invitacións para o espectáculo Contos que foron chistes que o monologuista e actor Avelino González ofrecerá este venres, 19 de novembro, a partir das 20.00 na Casa da Cultura de Fene. A función encádrase no Novembro, mes do Humor que a Concellería de Cultura está a desenvolver ao redor da conmemoración do aniversario do Museo do Humor. O ciclo, que comezou o pasado 5 de novembro con Duarte Galbán e continuou o día 12 con Marita Martínez, pecha esta semana con Avelino González sobre o escenario. A función será con entrada de balde e aforo limitado. Reserva de entradas a través do correo cultura.deportes@fene.gal, por whatsapp 607 625 357 ou no teléfono 981 340 366, indicando o nome e apelidos das persoas que queiran asistir e un teléfono de contacto.
09-11-2021
09-11-2021
Quéroche un conto, é o título do espectáculo que a monologuista e actriz Marita Martínez presentará este venres, 12 de novembro, a partir das 20.00 na Casa da Cultura de Fene. A función encádrase no Novembro, mes do Humor que a Concellería de Cultura organiza ao redor da conmemoración do aniversario do Museo do Humor. O ciclo comezou o pasado venres con Duarte Galbán e, trala función desta semana, concluirá o venres 19 de novembro con Avelino González sobre o escenario. Todas as función son con entrada de balde e aforo limitado. Reserva de entradas a través do correo cultura.deportes@fene.gal, por whatsapp 607 625 357 ou no teléfono 981 340 366, indicando o nome e apelidos das persoas que queiran asistir e un teléfono de contacto.
25-10-2021
25-10-2021
Duarte Galván, Marita Martínez e Avelino González serán os protagonistas dunha nova edición do ciclo de monólogos que a Concellería de Cultura de Fene organiza para conmemorar o aniversario do Museo do Humor (inaugurado o 24 de novembro de 1984). O Novembro, mes do humor botará a andar o venres 5 de novembro con Duarte Galbán e o espectáculo Vello aos vinte e pico. O día 12 actuará Marita Martínez e o 19 de novembro pechará o ciclo con Avelino González. Todas as funcións serán ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene, con entrada balde pero con aforo limitado. Reserva de entradas a través do correo cultura.deportes@fene.gal, por whatsapp 607 625 357 ou no teléfono 981 340 366, indicando o nome e apelidos das persoas que queiran asistir e un teléfono de contacto.
05-10-2021
05-10-2021
A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de outubro unha exposición de óleos do pintor fenés J.M. Pereiro. A mostra inaugúrase este venres, 8 de outubro, ás 19.30 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22) e poderá visitarse ata o vindeiro día 30. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.
26-07-2021
26-07-2021
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, inaugurou a exposición que recolle as obras realizadas polos artistas que participaron na “Andaina Debuxada” que se desenvolveu os días 12 e 13 de xuño dentro do proxecto “Viñetas do Camiño”, incluído no programa O Teu Xacobeo 21. O acto tivo lugar nas inmediacións do concello fenés, preto do río Cádavo, lugar onde quedou emprazado un dos seis cubos que compoñen esta mostra ao aire libre. Xunto con el, participaron na cerimonia a xefa territorial na Coruña da Vicepresidencia Primeira da Xunta, María Barreiro Lázare, así como os concelleiros de Cultura, Justo Martínez, e a de Turismo, Ana Basoa; e Calros Silvar, en representación dos artistas.
22-07-2021
22-07-2021
O froito creativo de “Viñetas do Camiño” materializarase na xornada de mañá venres nunha exposición ao aire libre que recollerá os vinte e catro debuxos realizados pola ducia de artistas que participaron na “Andaina Debuxada” dos días 12 e 13 de xuño, no marco do proxecto promovido polo Concello de Fene no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.