Casa do Cocallo

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa do Cocallo
Barallobre

Cunha composición de baixo e primeiro andar elévase esta vivenda unifamiliar illada no lugar do Cocallo que foi construída a mediados do século XX. Ten unha planta cadrada e a cuberta a catro augas; dedicado o baixo a garaxe e rocho, a vivenda familiar concéntrase no primeiro andar ao que se accede por medio dunha escalinata exterior abalaustrada con dous tramos e que desemboca no soportal de entrada. Este soportal está delimitado por amplos arcos de medio punto apoiados en robustas columnas pareadas sobre as que se colocou un óculo. O arco de medio punto é o que se repite en todos os vans da planta alta.