Limodre
Edificación de tipo ecléctico situada no Camiño Grande. Presenta planta de traza rectangular cun desenvolvemento en altura baseado en dous pisos e estruturado horizontalmente. O piso inferior, de pedra vista presenta cinco fiestras principais, rematadas con arco moi rebaixado, e a porta principal, rectangular. Nun lateral temos tres pequenas ventás mais, tamén rectangulares. O andar superior repite as ventás como motivo principal, aínda que aquí son mais estreitas e alongadas.
O remate faise con cornixa con molduras e pequeno frontón con arco rebaixado.