Grupo escolar Curros Enríquez
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Grupo escolar Curros Enríquez
Maniños
Promovida pola Sociedade Naturais do Concello de Fene foi construída no ano 1916. Corresponde ao modelo de escolas indianas de planta en forma de T, cun corpo central sobresaínte na fachada central polo que, flanqueado por dous despachos, se accede ao espazo das aulas, que tamén son dúas.
No volume principal no que están as aulas conta tamén cunha porta de acceso para cada unha delas e nas fachadas laterais ten tres altas fiestras coas que se proporciona iluminación natural ao interior. No caso do faiado a iluminación natural e a ventilación proporciónanse a través dunhas pequenas ventás circulares nas fachadas laterais.
Na fachada principal o volume sobresaínte remátase cun frontón en que se inscribiu o nome da escola e a data de construción.