Casa indiana do Piqueiro

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa indiana do Piqueiro
Barallobre

Esta vivenda sen ser edificada por un indiano segue no entanto o modelo de moitas destas edificación existentes abundantemente na parroquia de Barallobre. Volumetricamente é unha construción sinxela de baixo e baixocuberta. O tellado é a dúas augas e emprégase para a cubrición a tella plana, con cumieira perpendicular á fachada principal.

A composición da fachada responde ao tipo de tres ocos na planta baixa, entrada e dúas ventás, e un oco no baixocuberta que dá acceso a un balcón con antepeito cunha orixinal balaustrada de fundición. O balcón esta sustentado por dúas ménsulas que se continuan ata o chan en forma de dúas pseudopilastras de pedra de cantería. A decoración dos vans faise a base dun recerco simple resaltado pola diferente cor, agás no caso do balcón en que o lintel conta cunha maior elaboración.