Vivenda con galerías da rúa Poeta Pérez Parallé

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Vivenda con galerías da rúa Poeta Pérez Parallé
Barallobre

É unha vivenda construída no último terzo do século XIX.

A edificación conta cun volume prismático desenvolvido en dúas plantas e faiado. A cuberta é a dúas augas empregando para a cubrición a tella do país.

Polo seu lado esquerdo fai medianeira con outra vivenda, e ten a característica de que na planta superior conta con dúas galerías e dous balcóns na fachada principal e outra galería máis ampla na fachada dereita. Na planta baixa conta con tres ventás e a porta que, igual ca no caso das portas balconeiras da primeira planta, están rematadas cun arco rebaixado. Os antepeitos dos balcóns e das ventás están feitos en ferro fundido.

Como peculiaridade cabe destacar os frontóns que coroan as ventás da planta superior e os tellados que cobren as tres galerías. Na parte frontal da casa existe un pechamento a base dunha balaustrada de cemento.