Casa indiana na Porta do Sol
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa indiana na Porta do Sol
Fene
Situada na Avenida Porta do Sol, nun ámbito hoxe plenamente urbano, esta pequena vivenda unifamiliar presenta unha volumetría moi sinxela, neste caso prismática coa cuberta a dúas augas.
Trátase dun tipo con amplia representación en moitos lugares do concello, e que ten na súa fachada frontal os trazos máis sobranceiros dende o punto de vista da ornamentación. Na planta baixa conta con tres ocos, porta central e ventás laterais, e no baixocuberta hai unha porta balcón con varanda de ferro fundido na que se repite o motivo empregado nos antepeitos das ventás da planta baixa. Destacan tamén os recercos de motivos xeométricos nos vans, a moldura que decora os baixos do beiril da cuberta e a simulación de pedras de cantería nos esquinais.