Grupo escolar Concepción Arenal

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Grupo escolar Concepción Arenal
Fene

Construída por iniciativa da Sociedade Naturais do Concello de Fene esta escola foi inaugurada no ano 1916. O Grupo Escolar Concepción Arenal corresponde ao tipo de escolas indianas que se estruturan nunha única planta en forma de T con dous volumes, un deles onde se atopan as aulas, que son dúas separadas por unha parede, e outro de menor tamaño apegado na parte frontal no que se situa a entrada principal e un despacho a cada lado.

Cada aula conta coa súa porta de entrada directa na parte frontal e outra na parte traseira que dá acceso a un soportal en cuxos extremos estan os aseos. Cada aula ten na fachada lateral tres amplas ventás, e nesas mesmas fachadas hai tamén en cada unha delas un óculo que dá iluminación ao interior.