Limodre
Situada na estrada de Cabanas, os seus promotores foron os irmás Enrique e Pepe Garabana, emigrados a México e EEUU respectivamente. Trátase dun exemplo construtivo de tipo indiano, con torre sen desenvolver e grandes balconadas. A torre, dunha soa planta, sitúase á esquerda da fachada, na que destaca a grande escalinata e os soportais de arcos carpaneis, sostidos por columnas xónicas, que enmarcan a entrada principal á vivenda. O mesmo esquema reprodúcese nas balconadas da parte traseira.
A traza da casa é rectangular, e o seu desenvolvemento en altura resólvese a base de semisoto e primeira planta, na que están situadas as dependencias principais. A cuberta, de tella plana, reproduce os interesantes xogos volumétricos da casa e remata con pináculos.