Grupo escolar "Fillos de Limodre"
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Grupo escolar "Fillos de Limodre"
Limodre
Construído entre os anos 1926 e 1927, o seu principal promotor será D. Juan Varela, emigrante en Cuba e presidente da Sociedade de Instrución de Fillos de Limodre, creada en 1925.
De volume rectangular, articúlase en dúas alturas e chama a atención a súa sobria composición e sinxeleza decorativa, que se limita ás molduras de resalte dos vans na planta inferior e ás balaustradas das ventás na superior. As ditas balaustradas repítense no peche do predio, o que lle dá ao conxunto unha grande harmonía.
É salientable, así mesmo, o despece dos esquinais, que imita a cantería.
Ten cuberta a catro augas, con tella do país e o estado de conservación é bo.