Casa Meizoso Rivera

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa Meizoso Rivera
Magalofes

O promotor desta vivenda indiana situada no lugar do Pedrón foi Antonio Meizoso Rivera, alá polo ano 1930. É unha típica vivenda tradicional indiana de planta rectangular disposta en sentido perpendicular á fachada principal. Resolta en planta baixa e faiado, conta con cuberta a dúas augas tellada con tella plana; na planta baixa ten tres ocos, dúas ventás cun recerco sinxelo rectilíneo e sobrio, e a porta de acceso no medio delas.
No faiado existe un van tripartito coroado por un arco de medio punto que dá acceso a un balcón voado que destaca polo seu volume e esta protexido por un antepeito abalaustrado que se apoia en dous canzorros. Chaman a atención os resaltes adoelados no recerco do arco do van que dá acceso ao balcón, así como o feito de acentuar en branco a ornamentación sobre un fondo vermello.