Bombas Taca na estrada da Palma

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Bombas Taca na estrada da Palma
Maniños

Vivenda construída con capital indiano que está situada na estrada da Palma. É unha edificación de planta rectangular desenvolvida en baixo, primeiro andar e faiado, presentando unha cuberta a dúas augas perpendicular á fachada principal. A planta baixa está dedicada a un negocio polo que presenta unha distribución adecuada a esa finalidade, e por esta mesma razón o acceso ao primeiro andar faise por unha escaleira exterior na fachada lateral dereita.
Os trazos máis sobranceiros están concentrados na fachada principal: no primeiro andar e no baixocuberta. Dispón de tres ocos no primeiro caso, dúas ventás e un balcón no medio, que presentan uns antepeitos en formigón; no nivel do baixocuberta presenta unha soa ventá e repite o motivo decorativo dos antepeitos.