Casa de Juan Carballeira Prieto

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de Juan Carballeira Prieto
Maniños

Esta vivenda foi construída polo indiano Juan Carballeira Prieto no ano 1920. A planta é rectangular con baixo, primeiro andar e faiado, con cuberta a dúas augas coa cumieira paralela á fachada principal. Sendo unha casa indiana o seu aspecto moi ben podería ser o dunha vivenda de piso tradicional reformada, pero non é ese o caso xa que foi levantada de novo.

Á sinxeleza do volume que segue a pauta dunha casa rural tradicional únese a escasa incidencia na decoración, algo pouco frecuente nas vivendas indianas do concello, pero suficiente para destacar a edificación respecto do resto das do lugar, e que se reduce a resaltar os perímetros dos vans, a liña de imposta, o zócalo e os esquinais.