Casa indiana do Camiño da Oliveira
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa indiana do Camiño da Oliveira
Maniños
Situada na Ribeira de Maniños é esta unha vivenda en que se segue o modelo de edificación tradicional indiana tipo 1. A planta é rectangular, disposta en sentido perpendicular á fachada frontal. Ten un xardín na parte dianteira da parcela e terreo na parte traseira. É de planta baixa e baixocuberta, dedicados a vivenda, cunha volumetría sinxela a base dun prisma rectangular que conta cunha cuberta a dúas augas e o cumio perpendicular á fachada principal.
A carga decorativa da vivenda concéntrase fundamentalmente na fachada frontal, na que hai tres vans no baixo, unha porta no centro e unha ventá a cada lado, e un van no nivel do baixocuberta que dá acceso a un balcón sostido por canzorros, no que se combina no antepeito o formigón nos piares que sustentan a varanda realizada en ferro. Tamén é de salientar a decoración do beiril da cuberta na fachadas dianteira e posterior que está rematada en pequenos pináculos.