Casa indiana na baixada á Ribeira

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa indiana na baixada á Ribeira
Maniños

Na costa que conduce á Ribeira está, á man esquerda, esta vivenda indiana construída por Pepe “Del monte” que foi emigrante en Cuba. Levantada no primeiro terzo do século XX amosa na súa fachada frontal un modelo decorativo que aparece noutras construcións dese tipo existentes no concello. As fachadas laterais non teñen ningún tipo de oco nin decoración.
Singulariza esta edificación o feito de que o balcón do baixocuberta só abarque a porta do van tripartito e non todo o oco como vén sendo máis frecuente. E por outra banda, tamén é curiosa a característica de que dos tres ocos do baixo na fachada frontal tanto o central como o esquerdo sexan portas, rompendo a sensación de simetría habitual neste tipo de distribución nas vivendas indianas.