Perlío
Na fachada en esquina é onde se concentran as solucións ornamentais máis relevantes deste edificio. No baixo que se singulariza dos outros niveis por un chagueado que perfila a aparencia de sillares, ábrense tres ocos, dúas ventás e no centro a porta de entrada ao bar flanqueada por dous pares de contundentes columnas; estes tres ocos presentan uns dinteis coroados por singulares arcos. No piso alto volvemos atopar a distribución de tres ocos en dúas ventás laterais e unha porta central cun balcón triangular con balaustrada de formigón e piares rematados en bóla.