Casa indiana en Marqués de Figueroa
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa indiana en Marqués de Figueroa
Perlío
Vivenda unifamiliar illada na Avenida Marqués de Figueroa edificada arredor do ano 1940. Está distribuída nun baixo e faiado a partir dunha planta rectangular aparellada en sentido perpendicular á fachada principal e conta cunha cuberta a dúas augas.
Trátase dunha vivenda sinxela e sobriamente ornamentada. Destaca o balcón da fachada principal ao que se accede dende o faiado, e que esta apoiado en catro esveltas columnas conformando un portal no nivel de acceso. O balcón ensánchase na parte central e está protexido por un antepeito pechado.