Vivenda na avenida Marqués de Figueroa

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Vivenda na avenida Marqués de Figueroa
Perlío

Situada nunha marxe da Avenida Marqués de Figueroa, en pleno núcleo urbano, álzase esta vivenda configurada estilisticamente cun modelo indiano que, de feito, se repite noutra existente en Barallobre.
A edificación está situada dentro da parcela de xeito que permite a existencia dun xardín previo á escalinata principal de acceso, no que aínda se conservan dúas grandes palmeiras. O recinto do terreo dispón nos lindeiros das rúas dun peche a base de balaustrada de formigón que vai marcando tramos con columnas máis altas de capitel ornamentado con variadas xeometrías.
Volumetricamente a vivenda está desenvolvida sobre unha planta rectangular en que se levanta un baixo e faiado con cuberta a dúas augas. A distribución dos ocos é de igual factura en todos os paramentos, e diferentes na fachada principal. Na fachada frontal existe á altura do faiado unha porta balconeira que dá acceso a un balcón soportado en dúas pilastras exentas e dúas apegadas á fachada, unidas entre si por tres arcos de medio punto que dan lugar a un portal de acceso á vivenda.