Casa reitoral

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa reitoral
Limodre

A reitoral de Limodre é un dos edificios tradicionais mais interesantes da zona.
Presenta unha planta rectangular moi alongada e de grandes dimensións que ten un desenvolvemento en dúas alturas. Na primeira delas ábrense as entradas á vivenda principal e ás cortes, que aínda conservan a súa estrutura orixinal. Nunha delas o lintel de granito aparece torneado de xeito sinxelo. A maioría dos vans, tanto portas como ventás presentan reforzos de canteira, sendo as ventás un elemento característico sobre todo no andar máis elevado.
Os muros posteriores e laterais da casa serven de partida para o peche desta, que incorpora unha parte do terreo dianteiro xerando unha aira pechada rodeada de construcións auxiliares acaroadas ao peche.