Casa reitoral

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa reitoral
Sillobre

A vivenda atópase á carón da avenida Doutor Sixto Mauriz á altura do Couto.
A data de construción está no primeiro terzo do século XX. Consiste nun volume prismático rectangular dotado dunha cuberta a dúas augas e coa cumieira situada perpendicularmente á fachada principal. Consta de baixo, primeiro andar e faiado e ten acaroado na fachada lateral dereita un segundo corpo dunha soa altura dedicado a garaxe. A composición da fachada principal é bastante clásica e presenta tres ocos por planta, agás no faiado, que ten tan só un; no baixo hai unha ventá, no lateral dereito, e os outros ocos son dúas portas: a do medio dá acceso directo ás dependencias do baixo e a porta da dereita dá acceso á escaleira interior que comunica co primeiro andar.
No segundo nivel da fachada principal os tres vans correspóndense con dous balcóns, similares ao que ocorre co van do faiado. A ornamentación destaca pola fermosa factura das balaustradas dos balcóns feitas en formigón, os canzorros dos balcóns e os recercos dos ocos.sta vivenda foi casa reitoral dende o ano 1964 aínda que xa leva bastantes anos sen habitar. De todos os xeitos recentemente cambióuselle a cuberta por unha nova, pero nesa reforma eliminóuselle o fermoso remate do beiril a base de molduras de madeira co que contaba.