Alpendre no Barreiro

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Alpendre no Barreiro
Sillobre

Este alpendre forma parte dunha casa que está situada no lugar do Barreiro. Posúe unha planta rectangular e os seus anchos muros están construídos con cachotería, aínda que na entrada os cachotes son de maior tamaño, chegando a ser case cantería sen labrar. A fachada frontal, ademais deses grandes cachotes, está formada por un gran portalón de madeira, e toda a fronte queda pechada por unha estrutura do mesmo material. A cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de tella do país e de fibrocemento.