Fene
Esta edificación atópase no lugar da Revolta. Trátase dun alpendre de grandes dimensións que hoxe é utilizado como corte. No seu interior posúe un forno, presenza que queda reflectida na cuberta cunha cheminea de grandes dimensións situada nun dos seus laterais. O alpendre conta cunha única planta e un faiado Os seus muros son de cachotería revocados.
Na fachada principal ábrese unha gran porta e dúas fiestras, unha delas no faiado. A cuberta está tellada con tella curva e é a dúas augas.