Casa con hórreo en Souto Vello

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa con hórreo en Souto Vello
Barallobre

A casa atópase á beira do camiño, enfronte do conxunto en restauración xa descrito. Trátase dun bo exemplo de casa de piso de sinxela trazada rectangular, con muro de cachotería e cuberta de tella a dúas augas que presenta dous elementos subliñables: un deles é o portal dianteiro, sostido sobre chantas de lousa, como é habitual na parroquia, e o outro é un interesante exemplo de hórreo, con piares de cachotería, tornarratos de lousa e estrutura de barras de madeira policromadas en verde.
O hórreo, o portal e o tellado da casa cóbrense co mesmo material, tella do país, co que se consegue unificar e harmonizar o conxunto.