Casa da Pomba

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa da Pomba
Barallobre

Esta casa de piso atópase no lugar da Pomba, conta con baixo, piso e faiado. A súa cachotería aparece recebada e pintada na fachada dianteira. Esta fachada aínda presenta os restos que nela deixou un alpendre que hoxe está totalmente desaparecido. As fiestras que están abertas na planta permiten dar idea da anchura dos muros, no baixo ábrese a porta e a fiestra da cociña. A cuberta é de fibrocemento a dúas augas. Nun dos laterais da cuberta aparece a esvelta cheminea da casa.

No muro lateral esquerdo da vivenda acaroouse un alpendre que está construído aproveitando o desnivel do terreo de feito que, aínda que posúe unha soa altura, atópase ao mesmo nivel que o piso da vivenda. O material utilizado para a súa construción é a cachotería. A cuberta é de tella do país e fibrocemento e posúe unha única vertente.